A Praza do Toural será a protagonista hoxe da concentración contra a sentenza do procés

A Praza do Toural será a protagonista hoxe da concentración contra a sentenza do procés
A Praza do Toural será a protagonista hoxe da concentración contra a sentenza do procés

A concentración foi concentrada pola Plataforma Galiza con Catalunya e conta co apoio de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, acaba de amosar o seu apoio as diferentes concentracións que terán lugar hoxe en Galicia para amosar o seu rexeitamento á sentenza do 'procés' que foi publicada esta mesma mañá.

Nun comunicado difundido a través das redes sociais a organización denuncia "a represión desmedida contra o pobo catalán e as condeas a entre 9 e 13 anos de cadea ás súas dirixente políticas polo feito de executar o mandato da súa xente".

"Demóstrase unha vez máis que os procesos de liberación nacional existentes dentro do estado español son os únicos movementos que poden rachar cos privilexios da clase dominante e co sistema corrupto e clientelar que os sustentan", continúa o comunicado de Galiza Nova.

En Compostela a concentración será ás 20:00 horas na Praza do Toural e estará convocada pola Plataforma Galiza con Catalunya.

Comentarios