Atopan o cadáver dunha muller nunha praia de Oleiros, na Coruña

Atopan o cadáver dunha muller nunha praia de Oleiros, na Coruña
Atopan o cadáver dunha muller nunha praia de Oleiros, na Coruña

A descuberta produciuse pasadas as dez desta mañá

Un viandante atopa o corpo sen vida dunha muller na Praia de Espiñeiro, en Oleiros.

A descuberta produciuse pasadas as dez desta mañá, tal e como indicou na súa chamada ao 112 Galicia.

Arestora, os axentes da Garda Civil tratan de identificar á persoa e aclarar as circunstancias do seu falecemento. Nestas tarefas tamén colaboran membros da Policía Local e, malia á mobilización dos servizos sanitarios de urxencia, a persoa foi localizada falecida.

Comentarios