Éxito da andaina solidaria de Oroso

Éxito da andaina solidaria de Oroso
Éxito da andaina solidaria de Oroso

O mal tempo non impediu que a convocatoria fose un éxito

Máis de 500 persoas participaron onte nunha andaina solidaria organizada polo Concello de Oroso a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog).

O mal tempo non impediu que a convocatoria fose un éxito. “Para o Concello de Oroso é moi importante e un orgullo colaborar con iniciativas solidarias deste tipo”, manifestou Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

Na andaina participou o ex xogador do Deportivo da Coruña Donato e contou coa colaboración de numerosos colectivos e entidades, ás que o Concello de Oroso quere agradecer o seu compromiso.

Asanog é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 2012 a iniciativa dun grupo de familias cun denominador común, ter un fillo enfermo de cancro, e co obxectivo de contribuír no ámbito de Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.

Os participantes percorreron unha distancia de cinco quilómetros e ao remate andaina houbo diferentes sorteos. Ademais, todos os interesados puideron dar donativos para colaborar coas actividades da asociación. 

Comentarios