Ferido un home despois de envorcar o seu turismo en Quiroga

Ferido un home despois de envorcar o seu turismo en Quiroga
Ferido un home despois de envorcar o seu turismo en Quiroga

O home ferido no accidente foi trasladado a un centro médico

Un home foi liberado polos Bombeiros de Monforte esta tarde en Quiroga despois de que o turismo no que circulaba envorcase na N-120, concretamente no punto quilométrico 489, en sentido O Barco de Valdeorras.

O accidente ocorreu uns minutos antes das 17:20 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte, dos efectivos do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. Ademais, desde o 112 Galicia informouse do sinistro a Protección Civil da localidade.

Finalmente, o home ferido no accidente foi trasladado a un centro médico.

Comentarios