Centos de persoas achéganse ao Toural para amosar o rexeitamento contra a sentenza do procés

Centos de persoas achéganse ao Toural para amosar o rexeitamento contra a sentenza do procés
Centos de persoas achéganse ao Toural para amosar o rexeitamento contra a sentenza do procés

As protestas en toda Galicia coincidieron coas movilizacións convocadas polo 'Tsunami Demicràtic' como resposta ao fallo xudicial

A Plataforma Galiza con Catalunya convocou diferentes concentracións en localidades de toda Galicia para amosar o seu  seu rexeitamento á sentenza do 'procés' que foi publicada na mañá de onte.

As concentracións tiveron lugar onte ás 20:00 horas nas sete cidades galega, así como en Burela e na localidade pontevedresa de Redondela. Unha protestas que coincidieron coas movilizacións convocadas polo 'Tsunami Demicràtic' como resposta ao fallo xudicial.

"Demóstrase unha vez máis que os procesos de liberación nacional existentes dentro do estado español son os únicos movementos que poden rachar cos privilexios da clase dominante e co sistema corrupto e clientelar que os sustentan", foi unha das declaracións de Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, que tamén apoiaron a concentración.

En Compostela foron 400 persoas as que se concentraron na Praza do Toural amosando a súa solidariedade cos políticos presos condenados polo proceso soberanista catalán. Os participantes levaron bandeiras de Galicia e Cataluña e berraron esixindo a liberdade de tódolos políticos para despois dar lectura do manifesto no que consideran a sentenza coma unha "farsa".

O escritor Suso de Toro, cargos do BNG como Olaia Rodil e Montse Prado, o voceiro de Anova, Antón Sánchez, e o alcalde de Teo, Rafael Sisto, estiveron presentes na concentración apoiando a causa política.

Comentarios