Excarceran a unha persoa ao saírse o seu vehículo da vía na que circulaba

Excarceran a unha persoa ao saírse o seu vehículo da vía na que circulaba
Excarceran a unha persoa ao saírse o seu vehículo da vía na que circulaba

Informouse do sucedido aos Bombeiros de Pontevedra e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha persoa resultou ferida sobre as 19:00 horas da pasada tarde, en Moraña, ao saírse da vía o turismo no que circulaba pola estrada que une as localidades de Cuntis a Moraña, aproximadamente no punto quilométrico dous. 

Foi nese punto onde acudiron os Bombeiros de Vilagarcía informados polo 112 Galicia debido a que o condutor do turismo atopábase atrapado no interior.

Ademais dos bombeiros, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración do persoal sanitario, dos axentes da Garda Civil de tráfico e Policía Local e dos membros do GES da Estrada. Do mesmo xeito, informouse do sucedido aos Bombeiros de Pontevedra e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios