Proxección de Spotlight na Sede Afundación de Santiago

Proxección de Spotlight na Sede Afundación de Santiago
Proxección de Spotlight na Sede Afundación de Santiago

Un total de catro películas conforman este ciclo cinematográfico de temática social

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cine «Voces rotas» na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) coa proxección, hoxe martes 15 de outubro, a partir das 20:00 horas, do filme Spotlight. A entrada é gratuíta, pero é preciso retirar previamente a invitación, unha por persoa, a partir das 17.00 h na recepción da sede.

Todos os filmes que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, desde a marxinación, as crises económicas, a pederastia ou o racismo, pasando pola busca da identidade, o abandono ou a adopción.

Spotlight, de Thomas McCarthy (2015). No ano 2002, un reducido equipo de reporteiros de investigación do xornal Boston Globe destapa os escándalos de pederastia cometidos durante décadas por curas do estado de Massachusetts. A publicación destes feitos sacode á Igrexa católica.

As proxeccións deste ciclo continuarán na Sede Afundación de Santiago de Compostela o 29 de outubro con A forma da auga e o 5 de novembro con The Florida Project.

Comentarios