O SERGAS comeza a recordar as citas médicas a través dun SMS no móbil

O SERGAS comeza a recordar as citas médicas a través dun SMS no móbil
O SERGAS comeza a recordar as citas médicas a través dun SMS no móbil

As mensaxes que recibirán serán para lembrarlles as súas citas no hospital, para alertas sanitarias ou para campañas específicas como a da gripe

A Xerencia de xestión Integrada de Santiago activou onte o sistema para enviar notificacións vía SMS aos teléfonos móbiles dos usuarios de toda a área. A EOXI de Santiago ten máis de 307.00 cidadáns identificados para subscribirse.

Inicialmente, os cidadáns recibirán unha mensaxe no seu móbil no que se lles explicará que, a partir dese momento e se os datos de identificación son correctos, notificaráselles, por SMS, recordatorios das súas citas cos facultativos especialistas nas consultas dos hospitais. Nas devanditas mensaxes tamén se farán chegar alertas sanitarias concretas ou determinadas campañas sanitarias como a da vacinación da gripe.

O obxectivo desta medida é incrementar o contacto coa cidadanía a través das tecnoloxías dixitais, cunha información cada vez máis personalizada a fin de conseguir unha maior eficiencia na atención asistencial e unha menor molestia para o usuario.

Os SMS enviaranse de forma progresiva. A partir da recepción desa primeira mensaxe, o sistema quedará activado para o usuario e a partir dese momento o paciente comezará a recibir a información que sexa do seu interese (datas dos períodos de vacinación, os recordatorios da consultas hospitalarias...)

As mensaxes para lembrar hora e data das citas hospitalarias remitiranse en horario diúrno nas 72 ou 24 horas previas.

VANTAXES

Coa posta en marcha deste sistema, a área sanitaria disporá dun mecanismo máis para promover información e axudar aos pacientes. En definitiva, trátase de incorporar a mensaxería co paciente e o seu coidador na rutina asistencial.

Desde a área sanitaria considérase que esta ferramenta pode ser de gran utilidade, por exemplo nestes momentos, na campaña de vacinación da gripe, na que se recordará aos pacientes a conveniencia de vacinarse e onde facelo.

Para o desenvolvemento desta ferramenta utilizarase a plataforma Lembra do Sergas que de xeito automático, envía as mensaxes predefinidas, en xeral sen información clínica, solo administrativa. En casos puntuais tamén poderán enviarse mensaxes personalizados.

Comentarios