Unha forte borrasca chega á cidade

Unha forte borrasca chega á cidade
Unha forte borrasca chega á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 16ºC

Unha fronte fría cruzará Galicia de oeste a leste durante esta xornada. 

Así, os ceos estarán cubertos con chuvias que chegarán a toda a Comunidade e que serán máis intensas e persistentes durante as primeiras horas na provincia da Coruña e a partir do mediodía nas provincias de Pontevedra e Ourense. 

As temperaturas experimentarán un ascenso, máis notable nos valores mínimos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 16ºC.

O vento soprará do sudoeste, aínda forte nas primeiras horas do día e irá amainando co avance da xornada para quedar frouxo á noite.

Comentarios