Cae unha avioneta na Guarda sen lamentar danos persoais

Cae unha avioneta na Guarda sen lamentar danos persoais
Cae unha avioneta na Guarda sen lamentar danos persoais

A aeronave, segundo puido saber o 112 Galicia, foi remolcada por unha embarcación ao municipio portugués de Caminha

Unha avioneta caeu á auga esta tarde nas proximidades da Praia de Lamiña, na Guarda, sen que se teña constancia de danos persoais.

A aeronave, segundo puido saber o 112 Galicia, foi remolcada por unha embarcación ao municipio portugués de Caminha despois de caer na desembocadura do río entre Camposancos e Caminha.

Foi unha persoa particular quen se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta dos feitos ás 16:50 horas.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do ocorrido a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local e da Garda Civil.

Comentarios