Tres persoas feridas en dous accidentes Vilamartín de Valdeorras e Baiona

Tres persoas feridas en dous accidentes Vilamartín de Valdeorras e Baiona
Tres persoas feridas en dous accidentes Vilamartín de Valdeorras e Baiona

O primeiro accidente sucedeu no Concello Vilamartín de Valdeorras, concretamente na parroquia de Arcos, onde o turismo no que viaxaban dúas persoas sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel

Un total de tres persoas resultaron feridas a pasada tarde en senllos accidentes rexistrados en Vilamartín de Valdeorras e Baiona. Dúas das persoas precisaron da axuda dos servizos de rescate para poder ser liberadas do interior dos seus vehículos.

Así, o primeiro accidente sucedeu no Concello Vilamartín de Valdeorras, concretamente na parroquia de Arcos, onde o turismo no que viaxaban dúas persoas sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel. Foron varios particulares quen alertaban a través do 112 Galicia do suceso indicando, ademais, que o vehículo atopábase nun desnivel correndo o risco de continuar a súa caída.

Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Valdeorras, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Valdeorras. Ademais, solicitábase a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade e persoal de mantemento da autoestrada para recuperar as condicións de seguridade da vía.

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros ao 112 Galicia, unha muller, en concreto a copiloto, foi liberada do coche facendo uso do material de excarceración.

Finalmente, as dúas persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

SAÍDA DE VÍA EN BAIONA

Por outra banda, en Baiona, ao fío das 20:45 horas da pasada tarde, un vehículo saíuse da vía en Baiona, un turismo saíuse da vía e quedou envorcado preto da saída da autopista. Como consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foi a esa hora, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicando que o ferido atopábase atrapado no interior do vehículo. Deste xeito, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Porriño e Vigo, dos servizos sanitarios, dos axentes de Tráfico e Policía Local, aos membros do GES de Val Miñor.

Así pois, unha vez liberada a persoa foi atendida no mesmo lugar polos profesionais sanitarios e trasladada ao centro hospitalario.

Comentarios
Lo más