Atallada unha vertedura de combustible procedente dos depósitos dun tráiler parado na AG-55, en Arteixo

O suceso produciuse ás 21:15 horas de onte, tal e como indicou un particular que contactou co 112 Galicia para informar da rotura dos depósitos dun camión parado na áera de servizo de Lañas

Un camión perdeu combustible procedente dos seus depósitos cando estaba parado nunha área de servizo da AG-55, en Arteixo.

A intervención dos bombeiros permitiu atallar a mancha, que ocupaba un espazo de 150 metros, sen que se rexistrasen danos na contorna.

O suceso produciuse ás 21:15 horas de onte, tal e como indicou un particular que contactou co 112 Galicia para informar da rotura dos depósitos dun camión parado na áera de servizo de Lañas. Decontado, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Arteixo co fin de reter, controlar e, finalmente, limpar a mancha duns 150 metros de extensión sen que provocase danos na contorna.

Igualmente, puideron recuperar parte da carga, uns 200 litros, dos 700 que perdeu o tráiler. 

Comentarios