Aprazada a VII Carreira Pedrestre Popular Concello de Touro para o 15 de decembro

Aprazada a VII Carreira Pedrestre Popular Concello de Touro para o 15 de decembro
Aprazada a VII Carreira Pedrestre Popular Concello de Touro para o 15 de decembro

A VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2019 do 15 de decembro estará aberta a todos os afeccionados a este deporte

A VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2019, que tiña prevista celebrarse o próximo domingo, 20 de outubro, en Fonte Díaz, queda aprazada para o domingo 15 de decembro. Os organizadores decidiron aprazar a proba ante as previsións meteorolóxicas previstas para este fin de semana. 

Os inscritos ata o de agora seguirán apuntados. E os adultos que xa se apuntaron e que non poidan correr na proba de decembro, lles será reembolsada a cantidade depositada. 

A VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro 2019 do 15 de decembro estará aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba terá unha distancia de dez kilómetros e discurrirá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que está o núcleo urbano de Fonte Díaz.

Comentarios
Lo más