Nais e pais do CEIP de Roxos reclaman un patio cuberto e o remate das obras dunha aula a medio facer

Nais e pais do CEIP de Roxos reclaman un patio cuberto e o remate das obras dunha aula a medio facer
Nais e pais do CEIP de Roxos reclaman un patio cuberto e o remate das obras dunha aula a medio facer

Sinalan a falta de planificación por parte da administración á hora de facer as obras

Pais, nais e toda a comunidade educativa do CEIP de Roxos queren reclamar á administración educativa unhas instalacións "dignas" para todo o alumnado do centro escolar para "solucionar xa os problemas que derivan nunha deficiente xestión".

As familias denuncian a falta de planificación xa que el xullo comezaron as obras para a construcción de tres novas aulas para o colexio, localizadas no que ata ese momento era o patio cuberto do centro. Perdendo ese espazo, puxéronse a facer as obras correspondentes que "remataron" con dúas clases para utilizar e unha terceira "a medio facer", pese a que estaba prevista a súa construcción.

Desta maneira os rapaces máis pequenos perderon un patio cuberto o que obriga que os días de chuvia teñan que quedarse no interior das aulas sen poder saír fora. A non cobertura do patio que queda obriga a que moitos menores teñan que mollarse en ocasións cando teñen que acceder ao edificio do centro escolar.

Ademais, a problemática da falta desa terceira aula está perxudicando aos rapaces. O alumnado dun grupo de educación primaria teñen que compartir o seu espazo educativo coa de educación musical e teñen que cambiar varias veces de aula, rompendo o ritmo de estudo.

Achacan esta situación á administración xa que "non planificou cubrir o patio e non rematar esa terceira aula que agora serve de almacén". Aseguran que a situación neste momento e que os rapaces pasan a maior parte do tempo nos corredores e aulas cando chove e se teñen que ir ao outro edifcio acaban mollándose.

As familias do CEIP de Roxos piden de forma urxente que "se cubra o patio de educación infantil e se remate a obra que quedou a medio facer". Avisan que comezarán con diversas mobilizacións baixo o lema "mollándonos polo ensino público" e coas entrevistas con diferentes responsables políticos.

Comentarios