O Santiago Futsal busca tres puntos ante ElPozo

O Santiago Futsal busca tres puntos ante ElPozo
O Santiago Futsal busca tres puntos ante ElPozo


David Rial compareceu ante os medios para dar a súa visión sobre o importante partido que terá lugar mañá venres ás 21:00 en Santa Isabel contra o Aljucer ElPozo Murcia



“O equipo ten confianza despois dos tres primeiros puntos, mañá sairemos para darlle a primeira vitoria á nosa afección. É un equipo con xente nova, cun xogo alegre no que trata moi ben o balón e que en certos aspectos parécese moito ao noso. Temos que xogar fieis ás nosas ideas, cunha defensa agresiva e sendo verticais” comentou o técnico santiagués.

Os brancos recibirán aos seus visitantes despois de que o último duelo disputado en Santa Isabel saldásese cun empate a 3 a temporada pasada. Os dous conxuntos contan con características similares ao ter planteis cunha media de idade baixa,  que atesoura moita calidade e que ten ganas de demostrar o seu potencial e consolidarse na LNFS.

Para o encontro David Rial contará con todos os seus efectivos, salvo o xa coñecido caso do ex xogador dos murcianos  Gambín, e queren seguir coa mellora que experimentaron desde o comezo de liga, gañando o seu primeiro partido como locais e chegando así aos tres partidos seguidos puntuando.

Os visitantes acoden ao encontro despois dunha contundente vitoria ao  Irefrank Elche por 7-0 e coa mente posta en gañar a súa vitoria lonxe de casa. Situados no oitavo posto da clasificación os murcianos virán a Santiago para co fin de subir na táboa o máximo posible.

Comentarios