Os voluntarios do CHUS reciben a benvida a súa actividade deste curso

Os voluntarios do CHUS reciben a benvida a súa actividade deste curso
Os voluntarios do CHUS reciben a benvida a súa actividade deste curso

No acto de recepción entregóuselles equipamento e as indicacións de funcionamento

A xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, deu onte a benvida ao grupo de 53 voluntarios da USC que inician a súa actividade nesta tempada 2019/20 nas instalacións do CHUS. Estivo acompañada pola subdirectora de Calidade e Atención ao Doente, Beatriz Pais, a xefa do Servizo de Traballo Social, Ana Guillén, e Julia, voluntaria que participa desde hai anos no programa de voluntariado. Ademais dos voluntarios acudiron representantes da USC, e das demais entidades que coordinan actividade de voluntariado no centro sanitario: AECC, Cruz Vermella, Itínera e Fundación Andrea aos que a xerente agradeceu o seu labor. No encontro facilitóuselles información básica para desenvolver o seu labor así como o equipamento que deben portar.

Eloína Núñez deu a benvida aos novos voluntarios que inician a súa actividade e aos que repiten e subliñou que “será unha experiencia da que aprenderedes moito cada día” ao tempo que destacou a importancia que teñen para a organización e lles agradeceu afectuosamente a súa dedicación. A xerente sanitaria tamén quixo recoñecer o traballo dos profesionais que se teñen implicado especialmente neste programa.

Entre o voluntariado destaca a maioría feminina así como a súa xuventude. Proveñen de ámbitos moi diferentes, desde o eido das ciencias da saúde e da ensinanza maioritariamente.

Na Aula Hospitalaria prestan apoio académico, acompañamento terapéutico e axuda na organización das diferentes actividades de ocio da aula; tamén na planta de Pediatría, naUnidade Saúde Mental de Psiquiatría Infanto-xuvenil, os voluntarios apoian aos nenos e nenas ingresados nas súas tarefas escolares, desenvolven xogos de psicomotricidade, actividades de ocio e acompañamento en saídas. No servizo de Psiquiatría, o equipo de voluntariado desenvolve programas moi variados que van desde a aula de educación permanente de adultos, proxecto Amigos, a clases de idiomas e diversas actividades lúdicas e culturais. 

Tanto no Hospital de Día da Area Médica como na Unidade de Trastornos da Conduta Alimentaria, ambos no Hospital de Conxo,os voluntarios desenvolven actividades de acompañamento e entretemento a pacientes e familiares.

Nos servizos de Oncoloxía Médica, Hematoloxía e Oncoloxía Radioterápica, os voluntarios desenvolven o proxecto Carriño Don amable, que acompaña aos doentes na súa espera para os tratamento, ofrecendo lectura, bebidas quentes e un pouco de charla.

Comentarios