Encontro folclórico en Ordes

Encontro folclórico en Ordes
Encontro folclórico en Ordes

Organizado pola agrupación Sementes da Arte terá lugar na Casa da Cultura a partir das 20 horas

Este próximo sábado, 19 de outubro, terá lugar o encontró folclórico que cada ano celebra Sementes da Arte, agrupación folclórica decana na comarca de Ordes. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Ordes a partir das 20 horas.

Nesta ocasión os grupos convidados a formar parte do cartel son Agrocovo e Xeitura, ambos de Esteiro. Ao remate do encontró haberá unha gran foliada na que participarán a Escola de Música Tradicional de Mesía, Embruxo Gaiteiros (Leira), Pinga de Troula (Galegos), Nunca é tarde (Cabaleiros), Folke Ruada (A Silva), Cantarelas-Os Larpeiros (Altamira), Grupo de Gaiteiros de San Martiño de Cerceda, Os Atrevidos de Barcala e as pandereteiras de Ordes Somos Nós.

Para esta celebración Sementes da Arte conta coas colaboracións do Concello de Ordes, Deputación da Coruña e a da Federación Española de Agrupacións Folclóricas.

Comentarios