O pleno de Ordes aproba a redución de taxas

O pleno de Ordes aproba a redución de taxas
O pleno de Ordes aproba a redución de taxas


Descontos nas ordenanzas do IBI ou lixo, mentres que as da auga e saneamento incrementaransese proporcionalmente co IPC. Tamén se acordaron obras en Leira, O Casal e na rúa Reconciliación por máis de 132.400 euros


Esta viernes celebrouse Pleno extraordinario en Ordes. Unha sesión na que, ademais da aprobación unánime referente ao sorteo das mesas electorais dos comicios que se celebrarán o próximo mes de novembro, tamén se debatiu a modificación de distintas ordenanzas fiscais.

No caso do IBI aplicable aos bens de natureza urbana e rústica, o tipo redúcese nun 2% situándoos no 0,50%, mentres que para os de características especiais fíxouse nun 1,30%. Un punto este no que o BNG mostrou a súa disconformidade ao considerar esta baixada “insuficiente para compensar a subida de valores catastrais” e que, segundo os seus cálculos, “debería situarse no 0,49%”.

Respecto das taxas de auga e saneamento incrementaranse en base ao IPC, mentres que as do servizo de recollida de lixo redúcese nun 4,21% para cumprir así co compromiso aceptado no seu día polo Concello para poder aplicar a bonificación do canon de Sogama. Tanto o PSOE como o BNG reclamaron que este fose maior para compensar os “perxuizos acarreados do transporte de residuos ata as instalacións situadas en Cerceda”.

Os vehículos de tracción mecánica gozarán dunha bonificación do 25% no caso de ser híbridos ou non utilizae un carburante contaminente durante os cinco primeiros anos dende a primeira matriculación; e estarán bonificados no 100% se son históricos ou cunha antigüidade mínima de 25 anos. Neste aspecto os nacionalistas defenderon que fose do 25% para os vehículos híbridos e incluso maior si son eléctricos ou propulsados con hidróxeno.

No que respecta ao cemiterio municipal, e máis concretamente á concesión por 50 anos dos 128 columbarios construídos recentemente a taxa ascende a 302,50 €.

Esta proposta, presentada polo Goberno local, foi aprobada cos votos de todos os seus concelleiros máis o do alcalde (9). Os demais grupos abstivéronse (BNG, 1; UxO, 2; PSOE, 2).

Suplemento de crédito

Outro dos puntos abordados nesta sesión foi o suplemento de crédito procedente do remanente de 2018 para a execución das seguintes obras por un importe total de 132.479,28 €: Senda peonil que transcorre pola N-550 dende Castrelos ata o restaurante O Berreiro, na parroquia de Leira (43.855,64 €); construción de beirarrúas no Casal (48.392,27 €); e a humanización da rúa Reconciliación, (40.231,37 €).

Unha medida que foi aprobada cos votos a favor do PP e UxO, mentres a os socialistas e nacionalistas se abstiveron. Dita modificación conto co informe favorable de Intervención grazas á situación económica propicia rexistrada no Concello. Tras a liquidación dos orzamentos de 2018 esta reflicte un superávit de 1.696.465,07 €, máis un remanente de Tesourería para gastos xerais de 2.505.982,99 €.


Comentarios