Aberto o plazo de inscrición para o Halloween Camp e o programa Xuntos polo Nadal en Ordes

Aberto o plazo de inscrición para o Halloween Camp e o programa Xuntos polo Nadal en Ordes
Aberto o plazo de inscrición para o Halloween Camp e o programa Xuntos polo Nadal en Ordes

Ata o próximo 28 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición do Halloween Camp, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.Por outra banda, grazas a Xuntos polo Nadal as persoas maiores poderán desfrutar dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro das festas nas residencias do Carballiño, Lugo e Nigrán


A ponte de defuntos terá actividades para os máis pequenos en Ordes. Ata o próximo 28 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición do Halloween Camp, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

 O Concello de Ordes levará a cabo esta actividade de conciliación o próximo 31 de outubro, no caso do alumnado do CEIP Castelao. O prezo será de 4 €. No caso dos centros Campomaior e O Mesón do Vento ademais do 31 de outubro tamén se levará a cabo o 4 de novembro por 8 €. Coma sempre, as familias numerosas poderán gozar dun desconto do 50%. En todos os casos o horario será de 9 a 14 horas (con posibilidade doutros horarios).

Para cada unha destas xornadas están previstos unha serie de obradoiros e actividades lúdicas e educativas, para as que se aconsella que os nenos e nenas acudan disfrazados. As persoas que queiran apuntarse poderán facelo no departamento de Educación de Ordes, situado no primeiro andar do Concello.


Xuntos polo Nadal

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes pon en coñecemento das persoas maiores que xa está aberto o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’. Un programa posto en marcha pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade de cara á promoción do envellecemento activo e a convivencia.

A estancia terá lugar entre o 23 de decembro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020. En total ofértanse 260 prazas, das cales 105 correspóndenlle á Residencia de Tempo Libre do Carballiño para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e Pontevedra; e as 105 á residencia de Panxón (Nigrán)para as persoas que a soliciten na Coruña; e as 50 restantes no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Lugo), para solicitantes de Lugo. As estancias serán de 16 días (15 noites) en habitacións compartidos e baixo o réximen de pensión completa. Tamén se inclúen os desprazamentos en autobús dende os seus domicilios ata calquera das residencias, onde poderán desfrutar, entre outras actividades, de animación sociocultural.

Entre os requisitos esixidos figuran estar empadroados nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio, estar só nas datas do Nadal, non estar acollido nun centro residencial e valerse por si mesmo ou ter máis de 60 anos.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro. Aquelas persoas con menores recursos económicos (ingresos mensuais inferiores a 537,84€) poderán optar a prazas gratuítas, mentres que para as demais terá un custo de 50 €.

Para acadar máis información pódese chamar ao Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes (981680002). Tamén a través da páxina web da Consellería de Política Social http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores, ou chamando aos teléfonos  981 547437 e 900333666 (este último é gratuíto). Tamén se dispón do correo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal.

Comentarios