Galicia, entre os destinos gastronómicos favoritos dos españois

Galicia, entre os destinos gastronómicos favoritos dos españois
Galicia, entre os destinos gastronómicos favoritos dos españois

O ranking dos destinos gastronómicos favoritos dos españois a nivel autonómico lidérano País Vasco, Galicia e A Rioxa, segundo un estudo da consultora especializada Dinamiza

Segundo o informe, un 82% dos españois realizou viaxes ou escapadas nos dous últimos anos coa intención de gozar da gastronomía.

O estudo tamén detalla os destinos preferidos á hora de realizar diferentes actividades gastronómicas como ir de tapas, visitar adegas ou comprar produtos locais, destacando as seguintes rexións.

Para ir de tapas ou pintxos, por exemplo, os viaxeiros prefiren País Vasco, Andalucía e A Rioxa, mentres que para comer en bos restaurantes decántanse por País Vasco, Madrid e Cataluña.

O socio-director de Dinamiza, Manuel Romero, recalca que "máis aló da súa importancia como elemento tractor de turistas, hoxe en día a gastronomía xoga un papel fundamental na imaxe e o posicionamento dos destinos turísticos, sendo un elemento indispensable na mellora da competitividade turística".

DIVERSIFICACIÓN DOS MODELOS TURÍSTICOS

O estudo apunta que o turismo gastronómico diversifica o modelo turístico de destinos consolidados nos que predominan outras tipoloxías de turismo, por exemplo os destinos de sol e praia, ofrecendo unha oportunidade para a desestacionalización e a distribución dos fluxos, evitando a masificación en zonas saturadas e a excesiva concentración de visitantes en determinadas épocas do ano.

Neste sentido, cabe destacar que os destinos consolidados cunha determinada riqueza gastronómica teñen a oportunidade de desenvolver propostas gastronómicas que constitúan "a escapada perfecta" dos seus públicos obxectivo, valorizando os seus produtos e a súa cultura gastronómica para crear a oferta de turismo gastronómico.

Comentarios