Máis de medio millar de atletas participan na primeira edidico de O Camiño Race en Santiago

Máis de medio millar de atletas participan na primeira edidico de O Camiño Race en Santiago
Máis de medio millar de atletas participan na primeira edidico de O Camiño Race en Santiago

A organización califica de éxito a primeira edición de O Camiño Race e xa está a traballar na edición de 2020 de cara a convertela
na carreira de obstáculos máis importante de Europa

Este sábado tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a primeira edición de O Camiño Race, unha carreira de obstáculos (ou OCR como son coñecidas polo seu acrónimo en inglés) que, como afirmou o seu director, Manuel Blanco, superou todas as expectativas nesta primeira edición tanto por conseguir congregar a máis de 500 atletas procedentes de múltiples puntos da Península, como pola altísimo nivel existente entre os participantes.

 Así, entre os corredores se encontraba Damián Espasandín (actual campión de España desta modalidade), a madrileña Lorena González (actual campioa de España) ou o belga Thibault Debusschere (campión de Europa en 2016 e 2017, e recentemente proclamado no último mundial, campión do mundo por seleccións e cuarto mellor corredor individual do mundo).

O circuíto da proba percorreu 8 quilómetros pola Cidade da Cultura, o Bosque de Galicia e as Brañas do Sar. Ao longo do traxecto os atletas tiveron que superar 34 obstáculos de diferentes dificultades. O director da proba Manuel Blanco, afirmou sentirse moi satisfeito co resultado desta primeira edición. “A xente marcha moi contenta e iso é o máis importante para nós: que desfrutaran e puideran gozar desta disciplina deportiva coa máxima seguridade e bo ambiente”.

“Estamos a traballar xa na vindeira edición que contará con importantes novidades, pero que seguirá a manter a esencia da proba e a súa vinculación co fenómeno Xacobeo. Segundo Manuel Blanco “nesta proba, como no propio Camiño, hai moitos obstáculos físicos. Porén, en ambos casos, o principal obstáculo a superar non é físico senón mental e tamén en ambos casos a pesar de que o esforzo é individual e a maior competición é
contra un mesmo, un dos seus sinais de identidade é compañeirismo”.

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, que estivo presente na entrega de premios en representación da Xunta de Galicia, valorou como moi positiva a iniciativa e comprometeu todo o apoio do goberno galego de cara consolidar O Camiño Race como a maior e mellor carreira de obstáculos de Europa. Nese sentido, anunciou que por parte da Xunta de Galicia en xeral, e do departamento que dirixe en
particular, “imos centrar os esforzos en converter a O Camiño Race na mellor OCR de Europa e en conseguir que Santiago sexa a sede do Campionato do Mundo desta modalidade en 2021, coincidindo coa celebración do Xacobeo”.

Por último, o director da proba, Manuel Blanco quixo tamén facer un recoñecemento expreso ás múltiples empresas privadas como GADIS, VIAQUA, Torre de Núñez, Nutrisport, FINSA, Gruas Norte ou conservas Escurís que apoiaron o proxecto desde un comezo e, sobre todo, á colaboración e respaldo que atoparon a nivel institucional por parte do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia que tanto a
través de Galicia Calidade, Deporte Galego ou o programa “O teu Xacobeo” no cal, cun investimento total de 4,7 millóns de euros, máis de 350 iniciativas como esta recibiron o apoio necesario do goberno galego para a súa materialización como foi o caso desta proba. Asi mesmo, tamén agradeceu a imprescindible colaboración e excelente predisposición da Cidade da Cultura e o Multiusos Fontes do Sar.

Comentarios
Lo más