Cientos de personas se manifiestan en defensa de "la rentabilidad y sostenibilidad social" del monte gallego

Cientos de personas se manifiestan en defensa de "la rentabilidad y sostenibilidad social" del monte gallego
Cientos de personas se manifiestan en defensa de "la rentabilidad y sostenibilidad social" del monte gallego

Cientos de personas se han manifestado este domingo en Santiago en defensa de la "rentabilidad y sostenibilidad social" del monte gallego, de la biodiversidad y en favor de "un rural vivo"

Con estas palabras, o secratrio xeral da CIG, Paulo Carril, sintetizou o obxectivo da protesta que se celebrou este domingo na Alameda da capital galega, á que tamén acudiron organizacións ecoloxistas, sindicatos e personalidades políticas como Ana Pontón (BNG) ou Antón Sánchez (Anova).

Para os organizadores resulta "fundamental" modificar a "política forestal do PP" que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria como a celusosa Ence e "en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras"."No canto de apostar pola creacion de riqueza, emprego" ou a compatibilidade doutras actividades, a Xunta presenta un plan forestal "de forma oscurantista" e ás costas dos sectores sociais e económicos afectados, apostilou.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apoia a mesma liña que expoñen os sindicatos. Considera que a clave está en "cambiar as políticas" para "enfrontar o reto do cambio climático" e "crear oportunidades económicas" para Galicia.

Abandonar o plan forestal do PP, apostar por un monte multifuncional, recuperar especies autóctonas e producir madeiras de calidade son os catro alicerces que propón a representante nacionalista.Ademais, tamén apuntou á loita contra os incendios forestais desde a prevención, nun contexto "de expansión do eucalipto", unha especie pirófita, e "con previsións da Xunta de seguir incrementando a súa superificie".

A nova política que reclamaron os participantes da manifestación ten tamén que ver con "unha xestión do ciclo da madeira" diferente, que dea lugar a recuperar o tecido industrial, porque "se corta moita madeira pero non se trata aquí", explicou Pontón respecto diso.

Comentarios
Lo más