O Concello de Ordes vístese de rosa co gallo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama

O Concello de Ordes vístese de rosa co gallo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama
O Concello de Ordes vístese de rosa co gallo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama

O Concello e a igrexa parroquial ilumináronse en rosa


A N-550 ao seu paso por Ordes uniuse á loita contra o cancro de mama. Co gallo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama o Concello de Ordes e a igrexa parroquial de Santa María ilumináronse esta fin de semana desta cor. 

Deixouse así patente o compromiso deste municipio coa causa, ademais de amosar o apoio a todas e cada unha das persoas que dun xeito ou outro sufren as consecuencias desta enfermidade. Ademais, na galería de acceso ao edificio consistorial tamén se colocou un amplo lazo rosa perfectamente visible para os veciños e veciñas que se achegaron ás dependencias municipais para realizar algún trámite, así como para os peóns que transitaban pola rúa.

Comentarios