Desaloxan un local comercial en Boiro por mor dun incendio

Desaloxan un local comercial en Boiro por mor dun incendio
Desaloxan un local comercial en Boiro por mor dun incendio

Ardeu o falso teito e parte do inmobiliario do local, sen causar danos persoais

Os moradores dun inmoble da Rúa Bao, en Boiro, foron desaloxados por mor dun incendio orixinado no establecemento comercial situado no baixo do edificio.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, unha vez rematada a intervención por parte dos servizos de emerxencia, os residentes puideron retornar ás súas vivendas. Ardeu o falso teito e parte do inmobiliario do local, sen causar danos persoais.

Todo comezou ás 6:00 horas da madrugada de hoxe cando o 112 recibiu o aviso dun lume nun baixo comercial. Ademais dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira e dos axentes da Garda Civil, ata o lugar dos feitos desprazáronse, tras ser alertados polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, membros de Protección Civil da localidade e Policía Local.

Comentarios