Trasladan a unha persoa por inhalación de fume a causa dun incendio producido nunha vivenda do Porriño

Eran preto das 03:30 horas cando unha persoa particular alertou ao 112 Galicia de ver fume nun edificio de catro andares

Unha persoa foi trasladada esta madrugada con síntomas de intoxicación a causa dun incendio producido na cociña da súa vivenda.

Eran preto das 03:30 horas cando unha persoa particular alertou ao 112 Galicia de ver fume nun edificio de catro andares, situado na Rúa de Antonio Palacios, no concello do Porriño.

A partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron o aviso aos Bombeiros de Baixo Miño, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén, puxeron en alerta ao persoal sanitario, á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, tras extinguir o lume, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que ardera parte da campá extractora e dos mobles da cociña dunha das vivendas do edificio. Ademais, confirmaron o trasladado dunha residente ao Centro de Saúde.

Comentarios