O equipo compostelá Estrela Vermelha consegue a sexta e sétima posición de Europa no Paneuropeo de clubes de Vienna

O equipo compostelá Estrela Vermelha consegue a sexta e sétima posición de Europa no Paneuropeo de clubes de Vienna
O equipo compostelá Estrela Vermelha consegue a sexta e sétima posición de Europa no Paneuropeo de clubes de Vienna

Os vermelhos competiron até o final contra todas as equipas, gañándolle a Liffré e a París Gaels e perdendo por escasos puntos ante Varsovia e Luxemburgo

O Estrela Vermelha de fútbol gaélico de Santiago de Compostela volta de Vienna confirmando o seu bo momento e consolidándose entre as mellores escadras de gaélico do continente. A equipa feminina logra a sétima praza na máxima categoría europea e a masculina a sexta.

Os vermelhos competiron até o final contra todas as equipas, gañándolle a Liffré e a París Gaels e perdendo por escasos puntos ante Varsovia e Luxemburgo. O xogo dos compostelanos baseouse na solidez defensiva e nunha sala de máquinas que carburou cun alto rendemento, poñendo contra as cordas aos finalistas polacos de Varsovia.

As estrelas, terceiras na pasada edición amosaron o seu bo nivel mais sen bos resultados ante Holland Ladies, Madrid Harps e Varsovia. Faltou fortuna nos últimos metros e esta edición foi salientablemente competida na Senior feminina. Na mesma situación, as Herdeiras de Dhais de Lalín logran a sétima praza tras non vencer a Rennes, Belgium e Berlín.

Estes resultados obtidos na capital austríaca, xunto coa vitoria de Fillas de Breogán da Coruña na categoría Intermedia e o bo papel de Irmandinhos da Estrada nas categorías inferiores, confirman a boa saúde do gaélico galego.

Comentarios