As estradas galegas rexistraron 65 accidentes de tráfico nasta fin de semana

As estradas galegas rexistraron 65 accidentes de tráfico nasta fin de semana
As estradas galegas rexistraron 65 accidentes de tráfico nasta fin de semana

A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 41 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 93 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 18 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 20 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 28 sinistros.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 93 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 41 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 64 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas sinistros de circulación.

Comentarios