Dúas persoas feridas nun accidente na A-54

Dúas persoas feridas nun accidente na A-54
Dúas persoas feridas nun accidente na A-54


O accidente rexistrouse ao redor das oito da mañá, como consecuencia da colisión por alcance de dous turismos, á altura da ligazón da A-54 coa autovía A-6


Dúas persoas resultaron feridas este luns nun aparatoso accidente de circulación que se produciu no quilómetro 1 da autovía A-54, que comunica Lugo-Santiago de Compostela.

O accidente rexistrouse ao redor das oito da mañá, como consecuencia da colisión por alcance de dous turismos, á altura da ligazón da A-54 coa autovía A-6, en sentido Lugo.

O Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia ( CIAE) mobilizou para auxiliar ás vítimas ao 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á agrupación de voluntarios de Protección Civil e a persoal de mantemento.

Despois de recibir os primeiros auxilios no lugar do sinistro, ambos os feridos foron evacuados polo 061 ao HULA, aínda que fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil informaron a EFE de que as súas lesións non eran, aparentemente, de gravidade.


Dúas horas despois do sinistro, o persoal de mantemento da vía seguía traballando no punto do accidente para despexar e limpar a calzada.


Comentarios