Santa Isabel acolleu a terceira edición do Torneo Base Viravolta

Santa Isabel acolleu a terceira edición do Torneo Base Viravolta
Santa Isabel acolleu a terceira edición do Torneo Base Viravolta

A última cita antes do Campionato Nacional será o próximo 26 de outubro no pavillón de As Travesas de Vigo

O sábado 19 de outubro o Club Viravolta de ximnasia rítmica organizou a terceira edición do torneo de nivel base Viravolta.

Foi no pavillón de Santa Isabel, e participaron máis de 20 clubes de toda Galicia. O club anfitrión fixo pleno na clasificación dos seus conxuntos: campeón nas categorías benxamín e cadete, subcampión cos conxuntos xuvenil e infantil, bronce para os conxuntos prebenxamín e alevín.

Ademáis, Martín Casal acadou a primeira plaza e Alba Varela a séptima.

A última cita antes do Campionato Nacional será o próximo 26 de outubro no pavillón de As Travesas de Vigo, no torneo organizado polo Club Maniotas donde o Viravolta participará co conxunto alevín e con Martín Casal.

Comentarios