O Pino descubrirá este sábado o litoral galego dende Nigrán a Vigo

O Pino descubrirá este sábado o litoral galego dende Nigrán a Vigo
O Pino descubrirá este sábado o litoral galego dende Nigrán a Vigo

O interesados poderán inscribirse ata o xoves ás 14:00 horas na casa de cultura colaborando con oito euros

O Concello de O Pino ten programado para este sábado, 26 de outubro, unha nova xornada do Camiña e Descubre, que este ano se está a dedicar a coñecer un pouco máis o Camiño Portugués. Tras o éxito das últimas etapas nas que máis de 60 persoas cruzaron a fronteira portuguesa con Galicia, este sábado toca o tramo polo litoral que conecta Nigrán con Vigo.

As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o xoves, día 24, ás  dúas da tarde, no Centro Sociocultural Luis Seoane ou na biblioteca municipal (981 511 065), aboando os 8 euros de colaboración.

O Concello de O Pino pon un autobús para desprazar aos asistentes ata o punto de saída e recollelos tras a chegada ao final da etapa. Nesta ocasión, o autobús sairá ás 7.30 horas da praza do Concello e fará unha parada na rotonda de San Lázaro. 

O Camiña e Descubre celébrase os terceiros sábados de cada mes. Nesta quinta edición estase a percorrer o Camiño Portugués, para que o se estiman unhas sete etapas ata chegar a Compostela.

Comentarios