Talentia comezou contando coa presenza da ministra de Economía

Talentia comezou contando coa presenza da ministra de Economía
Talentia comezou contando coa presenza da ministra de Economía

A ministra en funcións foi a encargada de rematar o foro de debate e aprendizaxe de Talentia

Onte comezou Talentia Summit´19, un evento que busca consolidarse como un referente a nivel galego respecto da xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego. Horas antes da apertura, ás 18:00 horas no Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo varios encontros cos ponentes.

Pola mañá o rexedor reuniuse con Jaime de Nardiz, director de diagnóstico cultural de Great Place to Work, que falará pola tarde sobre a "Competencia universal polo talento, tendencias presentes e futuras para a xestión de persoas". A continuación, Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza con Miguel Ángel Ruiz, Brand Strategy & Innovation Senior Manager de Samsung España, cuxa ponencia vespertina versará sobre "a misión dunha compañía tecnolóxica líder nun mundo cada vez máis disruptivo, global e dixital".

Xa pola tarde, antes do comezo do Foro Talentia, o alcalde e a directora da Fundación Banco Sabadell tiveron ocasión de departir sobre asuntos de interese para ambas institucións. Sonia Mulero conversou na súa intervención no Foro sobre coñecemento, innovación e talento como piares do cambio. 

O presidente do Goberno galego na súa comparecencia no foro, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Galicia seguirá impulsando o talento e a formación como base para converter a tecnoloxía nunha oportunidade de futuro.

Durante o acto de clausura da Xornada de conferencias estratéxicas do Talentia Summit 2019, Feijóo aseverou que para acadar este obxectivo, a Comunidade conta cunha escola pública cunha estratexia STEM, con plans plurilingües para todos os niveis educativos, cunha formación profesional dual e cun mapa de titulacións que adapta o traballo das universidades ao que a sociedade demanda.

Así mesmo, destacou a posta en marcha de iniciativas como o Programa Talento 2021, cuxo obxectivo é xerar, reter e atraer a Galicia a 1.500 profesionais de I+D+i. E lembrou que, no eido da sanidade, a nosa terra conta con tres institutos de investigación –cunha mención especial ao IDIS, en Santiago-, con máis de 2.200 profesionais.

Logo de recordar que máis de 7.000 empresas beneficiáronse xa do obxectivo encamiñado a acadar a dixitalización do tecido produtivo galego, o titular da Xunta referiuse tamén ao lanzamento, desde a cidade de Lugo, esta mesma mañá do proxecto Newton, que permitirá a máis de medio millar de estudantes da provincia alimentar a súa vocación tecnolóxica.

Feijóo aseverou que Galicia non quere perder o tren e por iso somos ademais unha das comunidades nas que se está desenvolvendo a tecnoloxía 5G de forma pioneira. E incidiu na necesidade de crear as condicións adecuadas para que a tecnoloxía non xere entre os cidadáns incertezas senón futuro. 

Comentarios