O Peleteiro comeza a tempada conquistando Betanzos

O Peleteiro comeza a tempada conquistando Betanzos
Foto de arquivo
O Peleteiro comeza a tempada conquistando Betanzos

Para a vindeira semana xogarán en Montouto o primeiro derbi do ano, o sábado ás 20:00, ante o Compañía de María.

Tras sete semanas de moito traballo de pretempada o Peleteiro masculino xa tiña ansia de que chegase o primeiro partido. Chegaron a Betanzos con tres caras novas: Santi Lope e Andrés Serrano, procedentes do Compañía de María e Chechu Mallo do CB Noia, un vello coñecido dunha parte do equipo e do adestrador co que compartira moitos anos vestiario. Ademais Fer Vicario, tras unha longa recuperación, volvía a vestirse de corto e se espera, que dentro duns meses, o poida facer tamén o capitán Soriano.

A pesar das gañas de empezar, o equipo saiu sen a intensidade e a concentración necesaria e o novo equipo de Betanzos se impoñía de saída cun parcial de 14-04 aos grazas a rápidas transicións e acerto desde a liña de 3 puntos. Tras tempo morto o equipo empezou a responder mellor, sobre todo en ataque, porque en defensa seguían con pouca intensidade. 28-21 ao final de cuarto.

No segundo cuarto o equipo melloraba en defensa e en ataque xogaban con máis fluídez. Parcial de 17-20 neste cuarto e cunha tripla deles sobre a bocina para irse ao descanso catro arriba, 45-41.

Tras o paso polo vestiario a saída volveu a ser mala, e os betanceiros abrían unha fenda de 12 puntos. Coa entrada de Ramón en pista cambiou a dinámica do equipo. Subiu moito a intensidade defensiva e tamén sumaba en ataque xunto a David Pazo. De aí a remontada para finalizar o cuarto 1 arriba, 57-58.

No último cuarto o equipo xa non baixou a garda en defensa e pechaba ben o rebote. Pouco a pouco colleron unha vantaxe de 6 puntos que souberon xestionar ate o final. Unha tripla de Santi, con adicional, a falta de poucos segundos para o remate, doulles a maior diferencia de todo o partido e a vitoria.

Para a vindeira semana xogarán en Montouto o primeiro derbi do ano, o sábado ás 20:00, ante o Compañía de María.

Comentarios
Lo más