Desaloxan un Centro de Día tras declararse un incendio na caldeira do recinto

Desaloxan un Centro de Día tras declararse un incendio na caldeira do recinto
Desaloxan un Centro de Día tras declararse un incendio na caldeira do recinto

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 16:00 horas de onte

Un incendio declarado na tarde de onte no Centro de Día de San Sadurniño obrigou a desaloxar o recinto, sen que ningunha persoa resultara afectada. Segundo informaron os Bombeiros ao 112 Galicia, as lapas, confinadas nun cuarto, afectaron a unha caldeira de gasóleo e a unha cheminea.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 16:00 horas de onte, momento no que os propios traballadores do centro daban conta do ocorrido. Indicaban que vían saír fume da caldeira e procedían, por precaución, a evacuar as dependencias.

Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia poñían o suceso en coñecemento dos axentes da Garda Civil e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Eume que, rematadas as labores de extinción e as correspondentes medicións con resultado negativo, confirmaron o regreso dos usuarios ao interior do centro.

Comentarios
Lo más