Denuncian o comezo do baleiro a lagoa da canteira de Casalonga

Denuncian o comezo do baleiro a lagoa da canteira de Casalonga
Denuncian o comezo do baleiro a lagoa da canteira de Casalonga

A plataforma solicita colaboración veciñal para conseguir fotos de calquera maquinaria ou camión que alí se atope

Ó longo dos últimos días os veciños de Calo detectaron movemento de maquinaria na canteira da Casalonga con traballos dirixidos a facilitar o baleirado da lagoa. Tras descubrir este luns que se estaba a baleirar a lagoa por un regato que pasa por Francos cara o río Tinto, a plataforma púxoo inmediatamente en coñecemento da Garda Civil para que dera traslado ao Seprona. 

A unidade da Garda Civil constatou que coa evacuación se estaba permitindo a baixada tanto das percas existentes na lagoa como das esporas da herba da pampa, pranta catalogada como “a máis invasora do mundo”, según Tomás Emilio Díaz, catedrático de Botánica da Universidade de Oviedo; se non se fai nada para impedilo estas chegarán ao río Tinto e de este ao Sar e ao Ulla.

Para baleirar a lagoa estase a utilizar maquinaria que excede a limitación de 4,5 tn da pista. A plataforma solicita colaboración veciñal para conseguir fotos de calquera maquinaria ou camión que alí se atope e facelas chegar á plataforma a través das diferentes redes sociais, coa intención de denunciar este feito.

Pero esta non é a única irregularidade. A veciñanza non se explica moitas das cousas que están a acontecer coa canteira, e a alarma e indignación non paran de crecer.

Despois de que se conseguira parar tanto o proxecto da planta de biogás como o primeiro plan de restauración, agora o proceso está agardando a que a dirección xeral de minas faga unha proposta de resolución, tendo en conta as máis de mil alegacións xa feitas pola veciñanza á declaración de impacto ambiental solicitada pola empresa. Esta proposta virá acompañada dun novo período de alegacións públicas.

Comentarios
Lo más