Adxudican as obras de reparación da rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e os Paramos

Adxudican as obras de reparación da rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e os Paramos
Adxudican as obras de reparación da rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e os Paramos

Ambos viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramo

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras.

A empresa que obtivo unha mellor clasificación no proceso de contratación (presentáronse quince ofertas) foi Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L.. A súa execución comportará un investimento de 36.320 euros, financiados polo POS da Deputación. O seu prazo de execución son dous meses.

Ambos viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

Comentarios
Lo más