Arde un alpendre no concello da Laracha

Arde un alpendre no concello da Laracha
Arde un alpendre no concello da Laracha

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada dun particular ás 00:30 horas desta madrugada

Na provincia da Coruña, no concello da Laracha, un incendio nun alpendre puxo en alerta aos servizos de emerxencia. Non houbo que lamentar danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada dun particular ás 00:30 horas desta madrugada. Segundo a información facilitada polo alertante, ardía un pendello no lugar de Raxido que almacenaba un depósito de combustible.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención dos Bombeiros de Bergantiños que, ao rematar as labores de extinción, confirmaron que os materiais combustibles non se viran afectados. Finalmente, unicamente arderon distintos obxectos que se almacenaban no seu interior.

Ademais dos membros do Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento, por precaución, os profesionais sanitarios tamén foron alertados polos xestores do 112 Galicia, así como os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más