Os populares solicitan unha auditoria das instalacións deportivas municipais

Os populares solicitan unha auditoria das instalacións deportivas municipais
Os populares solicitan unha auditoria das instalacións deportivas municipais

Para o Grupo Municipal do Partido Popular é imprescindible coñecer con detalle a situación deste amplo número de instalacións deportivas, que na súa maior parte se aproximan ou superan os 30 anos de antigüidade

O Grupo Municipal Popular presentará unha moción no Pleno ordinario deste xoves co fin de que o Goberno de Sánchez Bugallo leve a cabo una auditoría das instalacións deportivas municipais e ver cal é o grao de cumprimento das normativas que lle son de aplicación, como un primeiro paso para elaborar un Plan Director no que se reflexen as actuacións, orzamentos e prioridades para a súa execución a curto e medio prazo.

Neste momento, son frecuentes as queixas dos usuarios polo estado e as condicións de ditas infraestruturas, que xestiona de forma directa o Concello de Santiago, por elo, os Populares tamén demandan que se elabore un estudo da demanda dos distintos tipos de instalacións existentes, para resolver os déficits actuais, tanto a través da optimización dos equipamentos que existen, tanto municipais como autonómicos, ou coa creación de novas instalacións que lle dean resposta a esa demanda insatisfeita.

Entre as 24 instalacións deportivas, 8 campos de fútbol, 1 complexo deportivo en San Lázaro, 13 pavillóns polideportivos e dúas pistas, unha para chave e outra para padel e tenis; non todas suscitan críticas na actualidade, posto que algunhas delas foron obxecto de reparacións, máis ou menos intensas nos últimos tempos. Pero noutras moitas, como os pavillóns de Vite, Lamas de Abade, Fontiñas ou os campos de fútbol do SERGAS ou das Cancelas, son evidentes as necesidades de sanear ou repoñer elementos que presentan un apreciable deterioro.

Por elo, para o Grupo Municipal do Partido Popular é imprescindible coñecer con detalle a situación deste amplo número de instalacións deportivas, que na súa maior parte se aproximan ou superan os 30 anos de antigüidade.

Isto é necesario non so para tratar de darlle resposta ás demandas dos usuarios, senón para dispoñer dunha diagnose en profundidade do estado de conservación e do grao de cumprimento das esixencias normativas que lle afectan a estes equipamentos, aos que acoden diariamente centos de persoas, en especial as referidas a seguridade e tamén de accesibilidade, para evitar as barreiras que impiden tanto o acceso desde o exterior como no interior dos recintos.

Os Populares consideran que unha inspección polo miúdo que fixara nun documento a situación real das instalacións constituiría un primeiro paso necesario para abordar un Plan director no que se definiran, programaran e cuantificaran as actuacións necesarias, para ir de forma gradual remodelando e actualizando estas instalacións, unha tarefa que non admite máis demora.

Por outra parte e á vista da demanda recorrente das instalacións municipais, o Grupo Municipal Popular cree que tamén sería preciso realizar un estudo da demanda dos distinto tipos de instalacións co obxecto de resolver os déficits que en determinados casos se están a producir á hora de atender as peticións das persoas usuarias, tanto a través da optimización dos equipamentos actualmente existentes, ben sexa de titularidade municipal ou autonómica, ou coa construción de novas instalacións que lle dean resposta a esa demanda insatisfeita.

EN MEMORIA DE JESÚS CONDE EN VILLESTRO

Por outra parte, neste mesmo Pleno e conforme ao disposto no artigo 10 do vixente Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago, mediante decreto da Alcaldía, os Populares insisten en que se inicie o procedemento para a colocación dunha placa co nome de Jesús Conde Míguez, “Suso Conde”, no campo de fútbol municipal da Barrosa, en Villestro, en memoria do seu labor a prol da práctica da actividade deportiva nesta parroquia e no Concello de Santiago.

O 3 de agosto de 2018 falecía por mor dunha grave enfermidade Jesús Conde Míguez, “Suso Conde”, daquela presidente da Sociedade Deportiva Villestro, entidade á que estivo vinculado durante 35 anos, logrando situala como un referente do fútbol base de Santiago e de Galicia, tarefa á que dedicou boa parte da súa vida. 

No seu haber queda un importante legado a prol da práctica deportiva do que dan fe os máis de 30 equipos que mantén esta entidade, pioneira na impulso da incorporación da muller no deporte, tarefa na que Conde foi precursor e firme defensor. 

Os seus méritos foron recoñecidos pola Federación Galega de Fútbol e polo propio Concello de Santiago que na Gala do Deporte celebrada este ano lle dedicou unha Mención especial polo seu labor na S.D Villestro e no deporte compostelán.

Comentarios