Unha estudante avisa de que o condutor do seu autobús sufriu unha indisposición

Unha estudante avisa de que o condutor do seu autobús sufriu unha indisposición
Unha estudante avisa de que o condutor do seu autobús sufriu unha indisposición

A chamada da rapaza permitiu activar un dispositivo para a atención do doente que, finalmente, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo

Unha estudante do IES Monterroso alertou esta tarde ao 112 ao comprobar que o condutor do autobús que os estaba a levar a casa sufría unha indisposición.

A chamada da rapaza permitiu activar un dispositivo para a atención do doente que, finalmente, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir tratamento.

Eran as 14:30 horas da tarde de onte cando unha rapaza, que viaxaba xunto con outros catro mozos de volta a casa, marcaba o número único de emerxencias 112 para solicitar asistencia ante a indisposición que estaba a sufrir o condutor do autobús que os trasladaba. Debido ao estado do condutor, o vehículo saíuse da vía, pero ningún dos ocupantes resultou ferido.

Nada máis ter coñecemento da situación, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, comunicábase o suceso aos axentes de Tráfico, a Policía Nacional e aos membros do GES de Monterroso.

Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron que os rapaces atopábanse en perfecto estado, mentres que o condutor foi traslado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir tratamento.

Comentarios