Situación intermedia neste mércores en Compostela

Situación intermedia neste mércores en Compostela
Situación intermedia neste mércores en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 17ºC

Galicia estará durante este día nunha situación intermedia entre altas e baixas presións.

Deste xeito, agárdanse ceos con intervalos anubrados, con máis claros canto máis ó oeste e posibilidade de chuvascos no leste das provincias de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 17ºC.

Os ventos soprarán moderados de compoñente norte, con intervalos fortes nas zonas montañosas.

Comentarios