A ANPA do CEIP Pedrouzos un proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia machista

A ANPA do CEIP Pedrouzos un proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia machista
A ANPA do CEIP Pedrouzos un proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia machista

As nenas e nenos elaborarán unha campaña de comunicación participativa para promover a reflexión e xerar conciencia crítica

A ANPA Andaravía do CEIP Pedrouzos, en Brión, desenvolverá nos próximos dous meses un proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia machista, que será implementado en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiras Solidarias (AGARESO).

Participarán un total de 75 nenas e nenos de quinto de primaria, así como os pais e nais que queiran participar noutras actividades pensadas para as familias.

A proposta ten como obxectivos básicos fomentar a participación social das familias e do alumnado, xerar conciencia crítica sobre as causas da desigualdade de xénero e da violencia machista, e empoderar o alumnado a través do manexo e bo uso das tecnoloxías da comunicación.

Para conseguir estes obxectivos, xerarase unha campaña de comunicación participativa, promovendo a reflexión sobre as mensaxes e os produtos que recibimos a través dos medios de comunicación.

MATERIAIS DE CONTRADISCURSO

Durante os case tres meses que se desenvolverá o proxecto, AGARESO impartirá entre o diferentes obradoiros relacionados coa comunicación (radio, audiovisual e publicidade). Posteriormente, o alumnado do CEIP Pedrouzos realizará cuñas publicitarias contra o machismo, un spot sobre a igualdade de dereitos entre nenos e nenas e cartelería desmontando as mensaxes publicitarias que cousifican as mulleres.

Estes materiais de contradiscurso, enfocados a «cambiar a narrativa», serán presentados ao remate da campaña. Así mesmo, elaborarase unha guía didáctica para que, en sucesivas ocasións, o centro poida pór en práctica estes obradoiros de xeito autónomo.

EDUCACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL

AGARESO deseña e realiza desde o 2011 proxectos de educación para o cambio social que empregan as ferramentas de comunicación para reforzar a reflexión e o discurso sobre as temáticas da educación para o desenvolvemento, pero tamén a formar o profesorado en técnicas innovadoras de aprendizaxe.

Comentarios