Unha colisión múltiple en Taboadela deixa dúas persoas feridas

Unha colisión múltiple en Taboadela deixa dúas persoas feridas
Unha colisión múltiple en Taboadela deixa dúas persoas feridas

Ao fío das 08:00 horas, varios particulares poñían en alerta ao 112 Galicia

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá despois de producirse un accidente no que tres vehículos se viron implicados. No momento da colisión, os turismos circulaban pola N-525, á altura do punto quilométrico 227, no Mesón de Calvos, en Taboadela (Ourense).

Ao fío das 08:00 horas, varios particulares poñían en alerta ao 112 Galicia. Ademais de indicar que eran necesarios os medios sanitarios, aseguraban que os coches interrompían a circulación.

Ata o lugar desprazouse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de San Cibrao e os membros do GES de Pereiro de Aguiar, tras ser alertados polo 112 Galicia. Así mesmo, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más