Feridas dúas persoas nun accidente no concello de Abegondo

Feridas dúas persoas nun accidente no concello de Abegondo
Feridas dúas persoas nun accidente no concello de Abegondo

Ocorreu sobre as 20:00 horas da tarde pasada

Dúas persoas precisaron atención sanitaria ao ser alcanzadas por un turismo que circulaba pola estrada de Presedo, no lugar do Regueiro da Vila, ao seu paso polo concello coruñés de Abegondo.

Ocorreu sobre as 20:00 horas da tarde pasada. Foi a esa hora cando un dos implicados comunicou ao 112 Galicia que foran atropelados por un turismo que continuara a marcha.

Desde o 112 Galicia informouse ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e tamén puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Betanzos. 

Comentarios
Lo más