Un home tivo que ser rescatado ao quedar o seu vehículo encaixado contra o portalón do seu garaxe

Un home tivo que ser rescatado ao quedar o seu vehículo encaixado contra o portalón do seu garaxe
Un home tivo que ser rescatado ao quedar o seu vehículo encaixado contra o portalón do seu garaxe

Todo ocorreu cando ao condutor, nunha rampla dentro da súa propiedade, se lle escapou o vehículo e terminou encaixado no portalón

Un home foi liberado esta mañá do interior do seu vehículo despois de quedar encaixado contra o portalón do garaxe da súa casa, situada na Rúa Ferrotes, en Priegue, no concello de Nigrán.

Todo ocorreu cando ao condutor, nunha rampla dentro da súa propiedade, se lle escapou o vehículo e terminou encaixado no portalón. Foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración para liberar ao home, consciente en todo momento, do interior turismo, tras quedar atrapado por unha perna.

Nada mais recibir o aviso do persoal sanitario, sobre as 10:00 horas, os xestores do 112 alertaron de inmediato aos Bombeiros de Baixo Miño, de Vigo e aos membros do GES de Val Miñor. Do mesmo xeito, informaron á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez liberado, o ferido foi evacuado en ambulancia polos servizos sanitarios que o trasladou ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios