A Figueira de Rosalía, opta a ser ao premio nacional Árbore do Ano 2020

A Figueira de Rosalía, opta a ser ao premio nacional Árbore do Ano 2020
A Figueira de Rosalía, opta a ser ao premio nacional Árbore do Ano 2020

A árbore gañadora será a elexida para representar ao noso pais no concurso a nivel europeo e enfrentarse aos diferentes países de Europa

O concello de Padrón ven de recibir boas novas ao coñecer que a candidatura da Figueira de Rosalía acaba de converterse na opción para gañar o premio nacional Árbore do Ano 2020,  un concurso que pretende poñer en valor aquelas especies arbóreas antigas especialmente memorábeis polo seu patrimonio natural e cultural, árbores que polo seu simbolismo se converten nunha parte integrante da comunidade no seu sentido más amplo.

A árbore gañadora será a elexida para representar ao noso pais no concurso a nivel europeo e enfrentarse aos diferentes países de Europa.

Trátase dunha iniciativa convocada por Bosques sin Fronteras, na que colaboran a Fundación Feu Vert, “F.S.C. Bosques para todos para siempre” en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente que toma a inspiración do concurso “Árbore Europea do Ano” cuxa primeira edición tivo lugar na República Checa no ano 2011.

A Figueira de Rosalía compite contra outras sete árbores finalistas entre as que se atopan a Sobreira de La Dehesa de La Jara (Madrid), a Moreira de Villoviado (Burgos), a Aciñeira de La Serona (Badajoz),o Piñeiro de Casa Puerto Sanz (Burgos), a Aciñeira de Las Tres Patas (Navarra), a Palmeira de La Plazoleta Astral de Fernando Pessol (Tenerife) e a Aciñeira Milenaria de Córdoba.

TODOS A VOTAR

Todolas persoas poderán entrar na web www.arboleuropeo.es, rexistrarse e pinchar pola Figueira de Rosalía    para conseguir o maior número de votos para converterse na gañadora do concurso nacional e poder clasificarse ao certame europeo

Comentarios