Califican as medidas fiscais de Bugallo como o "Plan Fiscal 0.0"

Califican as medidas fiscais de Bugallo como o "Plan Fiscal 0.0"
Califican as medidas fiscais de Bugallo como o "Plan Fiscal 0.0"

Na súa intervención, o concelleiro Ramón Quiroga, destacou a case nula, dúas reunións nun mes, comunicación do Grupo de Goberno co Grupo Municipal Popular para consensuar unhas ordenanzas fiscais que supuxesen unha mellora para a veciñanza

O Grupo Municipal do Partido Popular cualificou onte en rolda de prensa as medidas fiscais presentadas polo Goberno de Sánchez Bugallo como “o Plan Fiscal 0.0, por non conter ningún case beneficios reais para os santiagueses”. Na súa intervención, o concelleiro Ramón Quiroga, destacou a case nula, dúas reunións nun mes, comunicación do Grupo de Goberno co Grupo Municipal Popular para consensuar unhas ordenanzas fiscais que supuxesen unha mellora para a veciñanza.

Para o concelleiro Popular, o Plan Fiscal socialista é insólito, posto que “incriblemente lle sae a devolver ao Concello”, posto que anuncian que baixan os impostos, pero a realidade é que “van a recadar aínda máis cartos”, todo isto produto dos compañeiros de viaxe escollidos polo señor Bugallo, que decidiu que “para este asunto o seu socio prioritario sexa Compostela Aberta, deixando a un lado o ambicioso documento que presentou o equipo ao que pertenzo”.

O Plan presentado polo Goberno municipal non supón baixada de impostos, salvo algunha pequena excepción, como é o Ibi do rural, medida proposta polo Grupo Municipal Popular, que significa un impacto de 76.000 euros para toda a cidade nuns orzamentos que alcanzan os 109 millóns de euros, polo que o Plan Fiscal do Goberno Fiscal so pode cualificarse de “ilusorio e ficticio”, practicamente a excepción da anterior e a prevista e proposta polo Grupo Popular para os concellos  “Doing Business”.

Para os Populares as propostas fiscais do Executivo local están moi pouco traballadas e mesmo parece que nin se leron os informes técnicos, posto que estes aconsellan que se recollan algunhas das medidas que presentou o Partido Popular, como é a baixada do imposto de plusvalías, que está moi por encima do que debe ser, e algunhas das outras medidas supoñen unha rebaixa de impostos de 300 euros para os case 100.000 habitantes de Santiago.

Quiroga destacou ademais que moitas das propostas que plantexa o equipo de Bugallo xa estaban incluídas, polo que non supoñen ningunha novidade e representa na economía da cidade o 0.07 % fronte o 2,10 % que representaba as medidas presentadas polo Grupo Municipal Popular, que estaban destinadas a aliviar a carga fiscal da cidadanía a partir do vindeiro ano 2020. 

Para o PP, é esencial a protección do contribuínte fronte á insaciabilidade fiscal do Concello, polo que o Goberno municipal non pode manter unha carga tributaria como a actual, pero coa “colaboración necesaria de CA non parecen dispostos a liberar de cargas á veciñanza”

INVESTIMENTO DE CINCO MILLÓNS DE EUROS

No transcurso da súa intervención Ramón Quiroga anunciou que no Pleno deste xoves o Grupo Municipal Popular presentará unha proposición destinada que se realice e presente aos Grupos e posteriormente ao pleno un plan de investimentos para a cidade por importe de algo máis de 5 millóns de euros, , procedente do remanente do superávit (RLTGX), a executar durante os anos 2019 e 2020, autorizando para iso o gasto durante o ano actual.

E tamén que se poñan en marcha as medidas precisas para reducir o período medio de pagamento a provedores (PMP) do Concello para cumprir canto antes co prazo de 30 días sinalado na lei.

O Popular insistiu en que o Concello dispón dunha situación financeira con moitas posibilidades para o investimento, tal como o demostra os preto de 40 millóns de euros que se acumulan en superávits desde 2015 por falla de execución, ata chegar en 2018 á cifra récord histórica de 17 millóns de euros, que xunto cos 42,8 millóns de euros nos bancos (segundo o dato da liquidación de 2018), conforman un escenario financeiro de amplas posibilidades.

Ramón Quiroga incidiu en que, a Disposición Adicional Sexta da Lei 2/2012, do 27 de abril, para a estabilidade orzamentaria de 2012, permite dedicar o superávit a investimentos sostibles, polo que o Goberno de Sánchez Bugallo non pode desperdiciar esta oportunidade para investir máis de 5 millóns de euros na cidade.

Cabe sinalar que dos 12,5 millóns de euros que era posible dedicar a investimentos na cidade durante 2019 e 2020, de momento, nin un so euro se dedicou a investir en Santiago, mais aínda, dedicáronse preto de 6 millóns de euros a devolver de xeito anticipado os cartos aos bancos, cando o nivel de endebedamento é o mais baixo desde hai moitos anos.

Finalmente, Ramón Quiroga anunciou a presentación dunha nova medida co fin de que “fose do agrado” do Grupo que lidera Sánchez Bugallo e así poida beneficiarse os veciños que posúen pequenos comercios na cidade, sobre todo os que estean en zonas a revitalizar. As medidas ventraríanse en bonificacións para o Ibi Urbano, o do comercio minorista, bonificacións no imposto de construcións para reformas, nas plusvalías e na taxa de apertura.

Comentarios