Bugallo reuniuse co director da división de English Language Teaching de Oxford University Press España

Bugallo reuniuse co director da división de English Language Teaching de Oxford University Press España
Bugallo reuniuse co director da división de English Language Teaching de Oxford University Press España

Oxford University Press (OUP), promove a excelencia na investigación e a educación e mantén o firme compromiso de desenvolver materiais escolares que se adapten á realidade da aula actual en España

O encontro tivo lugar esta mañá na Alcaldía do Pazo de Raxoi. Chris Wyburd é o actual director da división ELT, cargo que compaxina co de director do departamento de Distance Learning da editorial Oxford University Press España, cuxo produto principal é o curso de inglés My Oxford English.

Nacido en Londres, Wyburd leva vinte anos traballando para a filial da Universidade de Oxford en España. Entre os seus logros está contribuír a situar a división española da prestixiosa editorial británica no segundo lugar do mundo, só tras a filial de Estados Unidos. Na actualidade, o seu empeño principal é dar o salto para implantar desde España o produto My Oxford English no ámbito corporativo e institucional español.

Oxford University Press (OUP), promove a excelencia na investigación e a educación e mantén o firme compromiso de desenvolver materiais escolares que se adapten á realidade da aula actual en España. Creada a finais de 1991, Oxford University Press España (OUPE) publica libros de texto en castelán e outras linguas oficiais para o sistema educativo español. 

Comentarios