Morre un condutor de 56 anos ao caer por un terraplen en Porto do Son

Morre un condutor de 56 anos ao caer por un terraplen en Porto do Son
Morre un condutor de 56 anos ao caer por un terraplen en Porto do Son

Este operativo activouse ás 18:30 horas de onte despois de recibir o 112 Galicia diversas chamadas de particulares que avisaban dun vehículo fóra da vía e envorcado sobre a maleza dun terraplén

Falece o condutor dun turismo que caeu por un desnivel cando circulaba pola AC-550, ao paso polo concello coruñés de Porto do Son.

No rescate do único ocupante do turismo participaron os bombeiros barbanzanos, mentres que o servizo sanitario de urxencia enviou á zona o helicóptero con base en Santiago, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

Este operativo activouse ás 18:30 horas de onte despois de recibir o 112 Galicia diversas chamadas de particulares que avisaban dun vehículo fóra da vía e envorcado sobre a maleza dun terraplén. Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos Bombeiros de Boiro e Ribeira ante a posibilidade de que houbese unha persoa atrapada no interior. Efectivamente, os bombeiros sacaron ao único ocupante do vehículo sen a necesidade de máis medios, pero a persoa estaba xa falecida.

Pola súa parte, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou á zona un equipo no helicóptero con base en Santiago, pero nada puideron facer por esta persoa.

Cómpre sinalar que neste operativo colaboraron tamén os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios