Padrón organiza un proxecto feminista pensado por e para as mulleres do concello

Padrón organiza un proxecto feminista pensado por e para as mulleres do concello
Padrón organiza un proxecto feminista pensado por e para as mulleres do concello

Os diferentes obradoiros terán como finalidd o enfoque do xénero dende unha perspectiva transversal

O CIM do concello de Padrón pon en marcha un proxecto dirixido ás mulleres do termo municipal chamado "Visibles: As Mulleres". Ten como finalidade o enfoque do xeńero dende unha perspectiva transversal, traballando dous materias importantes no día a día das mulleres: a saúde e a linguaxe.

O primeiro dos obradoiros terá lugar os días 28 de outubro e 11 de novembro, impartido pola fisioterapeuta Laura Gómez co que se pretende traballar o chan pélvico nas mulleres para corrixir certos hábitos non beneficiosos para rehabilitar os seus corpos dunha maneira natural.

O segundo, a linguaxe, terá dúas edicións, unha para o persoal do concello e outro para o público en xeral, o 4 de decembro. O obradoiro traballará na reflexión sobre cómo a linguaxe empregada de uso xenérico masculino invisibiliza ás mulleres para cambiar a unha linguaxe máis inclusiva para as mulleres e formar un grupo común.

Por último, a terceira fase deste proxecto terá lugar o vindeiro ano, no 2020, a través de diferentes merendas na que se quere que as mulleres do concello participen para poder crear unha comunidade, un espazo de reflexión do xénero e buscar solucións neste senso para conseguir unha implicación activa no feminismo. Preténdese que as mulleres traballen sobre os aspectos que teñen en común, as sinerxias que poden atopar e qué escenarios teñen e qué queren de cara ao futuro para implementar en Padrón.

Comentarios