Máis de 40 establecementos de Noia Histórica ofrecen descontos do 20% no seu ‘Sábado Negro’

Máis de 40 establecementos de Noia Histórica ofrecen descontos do 20% no seu ‘Sábado Negro’
Máis de 40 establecementos de Noia Histórica ofrecen descontos do 20% no seu ‘Sábado Negro’


O Concello colabora co Centro Comercial Aberto na xornada, que se prolongará ata as 22:00 horas e contará con chocolatada para a merenda e xogos inchables pola tarde para a infancia



Nesta iniciativa de dinamización económica participan tendas de moda, calzado, complementos, roupa infantil, deportes, xoierías, xogueterías ou complementos e decoración, mostra da gran diversidade comercial da vila de Noia. Máis de corenta establecementos asociados ofrecerán no 'Sábado negro' descontos do 20% nos seus artigos.


A concelleira Mariola López animou a que “a xente do municipio e doutros lugares da contorna acudan ao Sábado Negro porque será unha ocasión formidable para esas compras que quedaron de atrás na tempada e mesmo para ir adiantando algunhas compras navideñas”. López destacou que Noia dispón dun comercio de máxima calidade cun servizo de proximidade.

Yanira Somoza fixo fincapé en que esta é a novena edición do ‘Sábado Negro’, que fai de Noia Histórica a precursora deste tipo de eventos comerciais en toda a comarca. A presidencia do Centro Comercial Aberto destacou que a xornada contará cun amplo horario, ata as 22:00 horas, e lembrou que as persoas interesadas poden consultar os establecementos participantes e as ofertas especiais na web www.noiahistorica.com.

Tanto López como Somoza destacaron tamén a colaboración da hostelería, posto que varios establecementos ofrecerán merenda con chocolate e churros a partir das 18:00 horas e xogos infantís inchables a partir das 17:00 horas, cos que os pais e nais poderán efectuar as compras con tranquilidade mentres os nenos e nenas xogan e se entreteñen.


Comentarios
Lo más