Centos de médicos claman en Santiago pola "dignidade" da atención primaria

Centos de médicos claman en Santiago pola "dignidade" da atención primaria
Centos de médicos claman en Santiago pola "dignidade" da atención primaria

A marcha, convocada pola Asamblea de Áreas Sanitarias en defensa da Atención Primaria, saliu ás 12,00 horas da Alameda da capital galega

Médicos de Atención Primaria de toda Galicia manifestaranse este sábado en Santiago para protestar contra a sobrecarga asistencial e reclamar medidas que melloren as condicións de atención aos pacientes.

Así o acordaron nunha asemblea celebrada en Santiago, tras a que ademais convocaron dúas xornadas de folga durante este mes de novembro en sinal de protesta.

Os profesionais chaman á participación de toda a cidadanía, ademais dos traballadores de Primaria. No seu día valoraron, ademais, pór en marcha outras medidas no caso de que non se solucione a súa situación, como renunciar á docencia se non se dan as "condicións adecuadas".

Comentarios